Colexio Plurilingüe Compañía de María - A Coruña

Colexio Plurilingüe Compañía de María - A Coruña

Aulas específicas

Non todas calzan o mesmo pé

Inclusión

O caracter propio do noso centro é acoller á diversidade de todos os nosos alumnos e alumnas, participando en equidade nunha educación para todos. Seguindo o ideario da nosa fundadora, Santa Xoana de Lestonnac, “Non todas calzan o mesmo pé”.

Acompañamento

A relación familia-escola é un eixe fundamental para a nosa comunidade educativa, facendo un labor de acompañamento, asesoramento e coordinación con todos os axentes educativos (familia, PAS,  profesorado, profesionais externos, asociacións, administración…) durante toda a vida escolar do noso alumnado, deixando as portas abertas unha vez finalizada esta etapa.

Personalización da aprendizaxe

O noso alumnado aprende de diferentes modos e a distintos ritmos. Acomodámonos ás necesidades educativas de cada un, empregando  materiais específicos, adaptando os tempos e  elaborando adaptacións curriculares coa fin de axudarlles a alcanzar o máximo desenvolvemento.

Metodoloxías activas

Partindo dos intereses do noso alumnado e centrándonos nas súas diferentes capacidades, facemos uso de diversas metodoloxías activas como a aprendizaxe a partir da experiencia, a aprendizaxe cooperativa, a aprendizaxe por proxectos, as estacións de aprendizaxe,  e o emprego das novas tecnoloxías.

O noso centro conta con dúas Aulas Específicas e unha aula de Audición e Linguaxe que traballan de xeito coordinado coas aulas ordinarias, co obxectivo principal de favorecer a inclusión e o desenvolvemento do alumnado con necesidades educativas especiais.

Consideramos a diversidade do alumnado do noso centro como un valor engadido que enriquece non só á nosa comunidade educativa  senón tamén a toda a nosa sociedade.

Contacta con nós

Nome
Email
Mensaxe

Proxectos de innovación

Equipo docente

Blogs

Calendario e horarios

Admisións curso académico 2024-2025